Temática

O conxunto formado polos diferentes grupos poden abordar cada un destes retos con solvencia, de xeito que podemos considerar a seguinte estrutura organizativa dos grupos:

    1) Obtención da información xeoespacial: Servizo SIT e grupo VideaLAB/CartoLAB.

    2) Almacenamento e tratamento organizativo dos datos LiDAR: Grupos SIT e LBD.

    3) Computabilidade eficiente: Grupos LBD, GAC-USC e GAC-UDC.

    4) Adaptación a diferentes sistemas de computación: Grupos GAC-USC e GAC-UDC.

    5) Visualización e interactividade: Grupos GAC-UDC e VideaLAB/CartoLAB.

    6) Aplicación práctica: Grupos VideaLAB/CartoLAB, TB e SIT.

Os grupos TB e e VideaLAB/CartoLAB teñen unha orientación a liñas de investigación relacionadas coa xestión e análise da información territorial, aínda que as liñas do grupo TB están máis centradas na aplicación desta información á xestión e ordenación territorial mentres que as de e VideaLAB/CartoLAB estano ó desenvolvemento de técnicas de visualización por computador desta información, así como de aplicacións SIX para a construción e a simulación aplicada ao territorio.

O grupo LBD ten experiencia no manexo de sistemas de información xeográfica, nas bases de datos espaciais e espacio-temporais, o que fai a sua aportación importante para abordar o tratamento dos datos LiDAR.

Por outra parte, os GAC UDC - USC proporcionan os coñecementos informáticos e tecnolóxicos necesarios para o desenvolvemento avanzado de tecnoloxías da información xeoespacial, incluíndo a programación de software e o deseño de algoritmos de análise e modelización da información xeoespacial. A súa experiencia na adaptación do procesamento masivo de datos a diferentes arquitecturas: multicore, manycore, GPUs, computación na nube, e big data, non só pode mellorar o rendemento das solucións plantexadas, senon que pode abrir novos horizontes que permitan plantexar solucións totalmente novas.

O principal aporte do servizo SIT é a súa experiencia na utilización de técnicas de obtención e tratamento de información xeoespacial, no emprego de instrumentos de obtención de datos e no traballo de campo, así como o acceso a unha grande variedade de recursos técnicos, en canto a instrumentos de obtención de datos, licencias de software e datos, que porá a disposición do resto de grupos.

O seu funcionamento como servizo de apoio na USC, no manexo de información xeoespacial a tódolos grupos desta, permítenlle ter coñecemento das demandas e problemas que este tipo de tecnoloxías xeran nas investigacións actuais doutros campos de coñecemento.

O mesmo tempo pode ser unha canle adecuada para a transmisión de novas técnicas e coñecemento sobre a información xeoespacial ó resto de investigadores fora da rede. Deste xeito confórmase unha rede de marcado carácter multidisciplinar e complementario que cobre todas as fases do proceso, dende a obtención da información ata o uso das aplicacións por parte do usuario final.