Rede TLIX

 

A rede TLIX está composta por un número de investigadores amplo e interdisciplinar que garante unha labor enriquecedora ao poñer en contacto actores que poden aportar diferentes puntos de vista á problemática obxecto de estudo. A calidade investigadora dos grupos propostos redunda nunha certa garantía na consecución dos obxectivos plantexados nesta proposta. De feito, a complementariedade na experiencia investigadora dos grupos solicitantes fai que sexamos moi optimistas en canto ós resultados que se poden acadar.

Existe certa experiencia previa de algúns dos grupos solicitantes que participaron en redes autonómicas con temáticas similares que se ve nesta proposta reforzada por novos grupos que fornecen varios aspectos claves na proposta. O traballo previo en común dos diferentes grupos solicitantes é un claro indicativo da viabilidade e robustez da proposta. Este aspecto é especialmente relevante polo feito de que os grupos traballan en temáticas moi dispares, e a pesares de elo son quen de colaborar con alta productividade. De algún xeito pode considerarse esta rede como unha extensión da Rede de Tecnoloxías da Información Xeoespacial para la Xestión Territorial” financiada pola Xunta de Galicia no seu Programa de Consolidación y Estructuración de Unidades de Investigación Competitivas do ano 2012 (Código: CN 2012/323).

A “industria xeoespacial” a nivel mundial xera 270 mil millóns de dólares de ganancias por año e as empresas do sector pagan máis de 90 mil millóns de dólares ó ano en salarios, de acordo cun informe da consultoría Oxera de xaneiro do 2013, promovido pola empresa Google. Pódese consultar na URL www.oxera.com/Oxera/media/Oxera/downloads/reports/What-is-the-economic-i...

Ademáis, existe un gran número de aplicacións en moi diferentes ámbitos, pódese consultar por exemplo www.esri.com/what-is-gis/who-uses-gis,que fan de este campo un dos máis dinámicos e de maior impacto social na actualidade. Neste excitante e fructífero contexto se enmarca esta proposta de rede. A temática que se abordará nela será a da análise, xestión e ordenación territorial usando ferramentas baseadas na información ofrecida polos sistemas de información xeográfica (SIX), e en particular polos sistemas LiDAR (acrónimo do inglés Light Detection and Ranging ou Laser Imaging Detection and Ranging) así como a súa adecuación ás tecnoloxías de computación actuais, que fan da paralelización un requisito ineludible.

Concretamente, LiDAR é un sistema que permite obter unha nube de puntos do terreo tomándoos mediante un escáner láser típicamente aerotransportado. A cantidade de información xerada por ditos sistemas é enorme e o seu tratamento é un reto actualmente. É un campo de crecente interese especialmente no desenvolvemento de aplicacións prácticas baseadas nesta información. Nesta proposta se dispón de expertos de recoñecido prestixio que poden aportar ideas e solucións nos diferentes aspectos implicados, e que cobren todas e cada unha das fases implicadas no proceso: a obtención da información, o almacenamento desa información e o seu tratamento organizativo, a computabilidade no procesamento eficiente adaptado a diferentes sistemas de computación, e finalmente a visualización e interactividade do usuario final da aplicación práctica.