Actividades

Consideramos que a importancia estratéxica actual da temática da rede fai que a consecución dos obxectivos plantexados sexa unha oportunidade única para tódolos grupos integrantes da rede. Abordaranse a través de diferentes ACTIVIDADES:

    1. Realización de reunións frecuentes, tanto da comisión xestora como dos talleres de traballo científico-técnico. Estas reunións son fundamentais dado o carácter multidisciplinar e complementario da rede.

    2. Implementación dun portal web da rede coas características indicadas na descrición do obxectivo correspondente. A primeira versión debe estar operativa antes de tres meses dende a concesión da rede e será actualizada e mellorada continuamente. Esta actividade se corresponde co obxectivo 2.1.

    3. Preparar propostas para novos proxectos de investigación atendendo as convocatorias competitivas a nivel autonómico, e internacional nos que poidan participar todos ou algúns dos grupos da rede. Esta actividade enmárcase no obxectivo 2.4.

    4. Realizar promoción nas empresas, centros de investigación e grupos de investigación. Para elo débese preparar material de difusión aparte do portal web: presentación audio-visual, trípticos, preparación de entrevistas, etc. A rede velará porque se fagan estas actividades na participación dos seus membros en congresos e conferencias de recoñecido prestixio, así como invitando a investigadores externos a visitar ós grupos de investigación. Esta actividade enmárcase no obxectivo 2.2.

    5. Preparación de un repositorio de ideas sobre posibles aplicacións e visualización da información ofrecida polos sistemas SIX en xeral e LiDAR en particular. Incluíndo un estudo da súa viabilidade técnica así como a implementación de algunha de elas a través da colaboración entre al menos dous grupos da rede. Apoiarase esta colaboración dende a Rede coa contratación de persoal (preferiblemente estudantes de doutoramento). Valorarase tamén o posible rexistro ou patente dos resultados destas colaboracións. Esta actividade enmárcase nos obxectivos 1.1. 1.2, 1.3, 1.4 e 2.3.

    6. Preparación e promoción de temáticas para teses e proxectos fin de carreira interdisciplinares que poidan ser atractivos ós alumnos de máster e grao. Esta actividade supón unha implicación directa en actividades de formación da rede, e enmárcase básicamente no obxectivo 2.2.