Grupos de investigación

GAC-USC

    E un grupo que ten recibido en anos anteriores axudas de Grupo de Investigación de Referencia Competitiva e do Programa de Promoción da Intensificación da Actividade Investigadora do SUG, cunha traxectoria de máis de 30 anos no campo da HPC e da aritmética do computador, abordando nos últimos anos a computación cloud e o procesamento Big Data.

    Nestes temas a actividade do grupo céntrase na evaluación do rendemento e optimización de aplicacións no cloud, o desenvolvemento de sistemas para o despliegue e xestión de clusters virtuais no cloud e o uso de tecnoloxías HPC e Big Data aplicadas ao Procesamento da Linguaxe Natural. Nos últimos anos tense realizado un esforzo importante no grupo no uso de todas estas tecnoloxías para aplicacións no ámbito do procesamento da información xeográfica. Nos últimos 3 anos o grupo captou financiación de I+D por importe de case 500.000 € en proxectos internacionais, nacionais e autonómicos, así como en contratos de I+D con empresas e administracións públicas; publicou 47 artigos en revistas JCR e 25 en congresos internacionais con revisión por pares e dirixiu 12 teses no marco do seu Programa de Doutoramento con Mención de Calidade.

    Por último, ademais de ter establecido colaboracións estables con grupos desta solicitude (GAC-UDC e CESGA) tamén colabora de xeito estable con outros grupos de recoñecido prestixio internacional (Universidad de California en Irvine, Escuela Politécnica Superior de Lyon, Universidad de Illinois, Universidad de Málaga, Universidad de Glasgow, Universidad de Praga, Universidad Politécnica de Barcelona, CESGA, Universidad de Tübingen e INRIA entro outros).

GAC-UDC

    E Grupo de Referencia Competitiva da Xunta de Galicia cunha traxectoria de 20 anos no campo HPC, prestando especial atención nos últimos anos á computación cloud, ao procesamento Big Data, á visualización de terreos e computación gráfica, en concreto, no desenvolvemento de ferramentas e métodos de visualización de terreos en tempo real ou procesos interactivos de deseños urbanísticos ou paisajista. Ademáis, o GAC-UDC ten 15 anos de experiencia no eido dos Sistemas de Información Xeográfica (SIX).

    Principalmente en ámbitos tales como as infraestruturas, a ordenación do solo, a concentración parcelaria, a información meteorolóxica, o aproveitamento de terras e a xestión forestal, o GAC-UDC ten desenvolvido una gran número de contratos e proxectos de investigación financiados por diferentes institucións da Xunta de Galicia.

    A este respecto salientar o desenvolvemento do Sistema de Información de Terras (SITEGAL, http://sitegal.xunta.es) en plena explotación por parte da Consellería do Medio Rural e do Mar desde 2009. Nos últimos 5 anos o grupo: captou financiación de I+D por importe de 4.5M€; publicou 76 artigos en revistas JCR e 115 en congresos internacionais con revisión por pares (o 20% das publicacións en coautoría con grupos estranxeiros); dirixiu 12 teses no marco do seu Programa de Doutoramento con Mención de Calidade (actualmente con Mención hacia a Excelencia); e prestou especial atención á transferencia dos seus resultados de I+D mediante a creación de 2 spin-offs, ademais de xerar 1 patente en EE.UU e 6 rexistros da propiedade intelectual do software HPC desenvolvido.

VideaLAB_Cartolab

    O grupo participou nos últimos anos máis de 70 proxectos e contratos de investigación, cuxos ingresos aproximados ascenden tres millóns de euros.

    É de destacar o seu traballo con diferentes empresas e administracións, así como a fundación de dúas empresas spin-off, o cal demostra que a transferencia de tecnoloxía ao sector produtivo é unha das súas principais actividades.

    Contan con unha patente en explotación rexistrada na OEPM, e outra en proceso de aceptación, ademáis de tres rexistros de software de algunhas das súas aplicacións.

TB. Territorio e Biodiversidade.

    A investigación científica do grupo TB desenvolveuse a través de máis de 35 proxectos financiados en convocatorias competitivas de ámbito autonómico, nacional e europeo, dando lugar a máis de 40 artigos en revistas JCR, máis de 50 artigos en outras revistas, máis de 30 libros ou capítulos de libro e 160 congresos.

    A pesar disto, pode que a súa principal fortaleza sexa a transferencia de tecnoloxía grazas ao traballo desenvolvido en máis de 130 contratos de investigación en colaboración con máis de 55 empresas e administracións públicas. Os ingresos totais por proxectos e contratos nos últimos cinco anos ascenden a 5.244.362€. Neste período o grupo formou a 11 bolseiros predoutorais, 13 contratados predoutorais e 2 contratados postdoutorais.

    Os ingresos totais por proxectos e contratos nos últimos cinco anos ascenden a 5.244.362€. Neste período o grupo formou a 11 bolseiros predoutorais, 13 contratados predoutorais e 2 contratados postdoutorais.

LBD. Laboratorio de Bases de Datos.

    Este Laboratorio de Bases de Datos (LBD) foi creado en 1996 e desenvolve desde entón actividades de investigación e transferencia no ámbito dos sistemas de información xeográfica, as bases de datos espaciales e as bases de datos espacio-temporais.

    O LBD é grupo de Referencia Competitiva do SUG desde a primeira convocatoria (Xunta 2006/4, Xunta 2010/17 e GRC2013/053). Nos últimos cinco anos, o grupo captou financiamento de I+D por importe de 2.266.733 € en proxectos nacionais e autonómicos, así como en contratos de I+D con empresas e administracións públicas; publicou 17 artigos en revistas JCR e 46 en congresos internacionais indexados e xerou 3 rexistros da propiedade intelectual que están en explotación (SIXA, Visor WEB, e-ditor).

    O No seno do LBD léronse tamén 7 teses de doutoramento. Hai que destacar que o 56% das publicacións as realiza en coautoría con grupos estranxeiros.e que o LBD ten clara vocación cara á investigación aplicada e á transferencia tecnolóxica como o demostra o feito de ter creado xa en 2003 unha empresa spin-off, coa que colabora desde entón xa que esta empresa comercializa moitos dos produtos resultado da investigación do grupo.

SIT. Sistema de Información Territorial

    E un servizo central de apoio a investigación da USC implementado como unha plataforma tecnolóxica vinculada ó grupo Laboratorio do Territorio. Dende a súa creación no ano 2004 ocupouse da distribución de licenzas de software xeoespacial, o aluguer de equipos de medición en campo (láser escáner, georradar, drone, etc..), o suministro de datos e formación de usuarios (mediante cursos, dentro e fora da USC).

    Ten traballado para máis de 17 departamentos de investigación do SUG e suministrado apoio con equipos de medición e/ou cálculo para administracións locais, provinciais e autonómica en proxectos que van dende a medición con láser escáner da Muralla de Lugo ata as fachadas do castelo de Pambre, pasando polas bases de datos do Banco de Terras de Galicia.

    Citado exemplo de servizo singular, extensible o resto de universidades e en contacto permanente cos usuarios, nas avaliaciońs dos servizos de apoio do SUG e no Plan Estratéxico das Tecnoloxías da Información e da Comunicación da USC (2007-2010). Na área de formaición e o único Centro Autorizado de Formación (CAF) da empresa ESRI (lider mundial de software GIS) de Galicia, con profesores certificados pola mesma.

    Ofertando un amplio catálogo de cursos na temática xeoespacial, tanto en software libre como en aplicacións propietarias, e nas modalidades presencial, online e telepresencial. Nos 2 últimos anos ofertou máis de 32 cursos sobre Sistemas de Información Xeográfica os que asistiron un máis de 200 alumnos de 30 titulacións distintas.