Obxetivos científicos e técnicos

Os obxectivos que se abordarán pola rede son de dous tipos, por unha banda científico-técnicos e pola outra de difusión e transferencia. Todos e cada un deles estarán condicionados pola necesaria colaboración dos grupos integrados na rede, de xeito que se potenciará dende a comisión xestora a participación da maior parte dos grupos na súa consecución, e se garantirá que en cada un destes obxectivos colaboren a lo menos dous grupos da rede.

Os obxectivos concretos que se plantexan son os seguintes:

    1.1. Estudo das necesidades para o almacenamento da información ofrecida polos sistemas LiDAR, propoñendo solucións. Debe terse en conta que a cantidade de información xerada é moi alta. É preciso almacenala para un mellor aproveitamento do seu acceso, ademáis é preciso filtrala para obter a información máis relevante según o uso que se faga de ela.

    1.2. Estudo de posibilidades de visualización en tempo real de dita información, ofrecendo interactividade. Actualmente varios grupos integrantes na rede teñen contrastada experiencia neste eido, e xa teñen implementado visualizadores para datos de información xeográfica. É necesario facer converxer todos estos desenvolvementos para obter visualizadores que cumpran cos requisitos necesarios de rapidez, interactividade e funcionalidade.

    1.3. A identificación de posibles aplicacións prácticas de interese. A interdisciplinaridadee complementariedade dos grupos integrantes fai que resulte potencialmente moi productivo o intercambio de ideas neste senso. Estudiarase a sua viabilidade e as posibilidades que eventualmente poidan ter de ser incorporadas ós visualizadores.

    1.4. Estudio do procesamento eficiente do tratamento dos datos tanto para a súa visualización como para aplicacións prácticas. A resposta en tempo real dos visualizadores e das aplicacións será un requisito habitual, eso fai que o uso de sistemas de altas prestacións deban ser tidos en conta. Neste sentido, o uso de sistema multicore, manycore, GPUs e clusters será unha necesidade. Tamén se estudiará a posibilidade de uso de computación na nube. Para cada un destes obxectivos se nomeará un responsable (preferentemente un membro da comisión xestora) que se encargará de dinamizala e velar polo seu cumprimento. Como froito evaluable destes obxectivo espérase incrementar a produción científica, en colaboración entre os grupos integrantes, en termos de: publicacións en revistas, ponencias en congresos e workshops, conferencias, novos proxectos competitivos, novas colaboracións con empresas, novas teses de doutoramento, novos proxectos fin de carreira, etc.