Transferencia e difusión

Abordaranse os seguintes aspectos fundamentais:

    2.1. O deseño dun portal web que sirva de escaparate das actividades da rede así como de punto de encontro para todos os actores implicados ou a lo menos interesados na rede. Tamén se fará unha difusión a nivel de axentes científicos como de empresa e de alumnos en formación no ámbito da rede. O portal permitirá acceder ós recursos da rede como visualizadores, aplicacións, artigos, reports, actas das reunións científico-técnicas, etc. Dito portal debe ser un elemento básico da rede, tanto para á comunicación entre os membros dela como para a súa proxección externa. Diversos grupos da rede teñen experiencia no deseño deste tipo de recursos polo que o deseño deste portal debe ser unha das primeiras accións a realizar.

    2.2. Fomentarase a incorporación de novos socios aproveitando a asistencia a eventos do ámbito e sendo proactivo na búsqueda. Do mesmo xeito se intentará establecer contactos con redes similares a nivel tanto nacional como europeo e iberoamericano. Prestarase unha especial atención á difusión das actividades da rede ás empresas do sector, intentando involucralas en actividades de I+D+i cos grupos da rede. Finalmente intentarase captar a atención dos alumnos nos centros sobre as temáticas da rede a través da difusión directa nas aulas. A realización de teses de doutoramento ou proxectos fin de carreira codirixidos por a lo menos dous membros de grupos diferentes, e con temáticas relacionadas cos intereses científicos ou técnicos enumerados anteriormente será un valor engadido importante á rede, e fomentará a captación de alumnos nos másters e programas de doutoramento nos que os grupos imparten docencia.

    2.3. Estudiarase a viabilidade de patentar ou rexistrar as ideas e implementacións as que de lugar o traballo na rede, nas que participen a lo menos dous grupos da rede.

    2.4. Impulso de novas iniciativas para promover a investigación, como a solicitude de novos proxectos competitivos tanto a nivel nacional como internacional, incluíndo colaboracións con outros grupos de investigación, centros de investigación e/ou empresas e nas que participen a lo menos dous grupos integrantes da rede. O responsable de dinamizar e velar polo cumprimento dos obxectivos de difusión e transferencia será o coordinador da rede.